Sobre Min. Autoretrato de Abel

Sobre Mín

Fotografía, do grego φῶς (raíz φωτ-, phōs, «luz»),
e γράφω (raíz γράφ-, graf, «raiar, dibuxar, escribir»),
que, en conxunto, significa «escribir/grabar coa luz».
Así é como xorde o nome deste proxecto.

Eu son Abel Vázquez, levo varios anos facendo vídeo e
fotografía especialmente  no mundo da arte urbana pero
tamén noutros ámbitos como festivais, deportes, celebracións, etc.

O ano 2021 supuso un antes e un despois tanto na miña carreira
como na de Diego AS, artista urbano co que xa viña traballando
esporádicamente dende o comezo deste proxecto pero que trala
consecución do premio ó mellor mural do mundo nos permitiu
facer máis colaboracións fóra da nosa cidade e incluso tamen
no extranxeiro. Foron anos moi intensos con multitude de
experiencias pero seguiremos traballando con ilusión vendo
que nos depara o futuro.